O Sentir Mariñeiro

Confraría de Pescadores de Cedeira

“O Sentir Mariñeiro”

Achega do mar á terra a través dos recursos e artes pesqueiras” é un proxecto innovador, pioneiro na nosa zona, que pretende non só mellorar a competitividade do sector pesqueiro mediante a promoción e posta en valor da vida dos homes e mulleres do mar a través do coñecemento dos seus oficios: pesca artesanal, sostible, artes de pesca e productos que finalmente podemos degustar senon tamén achegar a realidade mariñeira ó público en xeral proporcionando medios capaces de xerar un sentir propio (orgullosos do noso) ligado ó coñecemento dos medios a través dos cales os mariñeiros e mariscadoores de Cedeira proporcionan os productos que temos nas nosas mesas, xerando á súa vez unha cultura gastronómica propia, un consumo sostible, responsable … ensalzando a labor dos mariñeiros e mariscadores non só da nosa Vila senón tamén, de todas aquelas vilas e pobos que teñen no mar o seu medio de vida.
Cun carácter integrador e colaborativo, presenta actividades que poñen de manifestó a impotancia da cultura, o patrimonio e o respeto polo medio natural e mariño, para conseguir que a nosa vila sexa un referente turístivo tanto pola calidade do noso produto como pola tradición mariñeira poñendo envalor e dando a coñecer a profesón e profesionalización do sector pesqueiro e marisquero e todo o que o rodea.

Cun carácter tansversal implica actores de diferentes sectores: pesca, gastronomía, turismo, deporte, cultura, medio ambiente….que, tendo como punto de partida o mar, aúnan esforzos para que todo aquel que participe nas diferentes actividades e eventos do proxecto, poida ter unha visión real do que o mar e as súas xentes supoñen para as nosas vidas e da necesidade de coidalo e preservalo para as xeracións futuras, así como da importancia do consumo responsable e do papel que as mulleres mariñeiras teñen e tiveron nas vilas costeiras.