O Sentir Mariñeiro

Confraría de Pescadores de Cedeira

A Nosa Confraría

A Confraría de Pescadores de Cedeira é unha corporación de dereito público sectorial, sen ánimo de lucro, representativa dos intereses económicos dos armadores de buques de pesca e dos traballadores do sector extractivo, actúa como órgano consultivo e de colaboración das administracións competentes en materia de pesca marítima e de ordeación pesqueira, a xestión desenvolvese a fin de satisfacer as necesidades e intereses dos seus socios, co compromiso de contribuír ao desenvolvemento local, cohesión social e a sustentabilidade.
É xestionada por Xunta Xeral e Cabido, ambos órganos compostos equitativamente por mariñeiros e armadores. A súa cabeza visible é o/a Patron/a Maior, cargo que ostenta Dona Lucía Villar Martínez dende o 26 de xullo de 2017.

Como curiosidade, cabe dicir que moitos foron os armadores e mariñeiros ( 16 en total) que exerceron como patróns maiores dende a constitución da Confraría de Pescadores como tal: José Arriví López, Manuel Sánchez Caruncho, Francisco Martínez Vidal, Luis Bello López ou José Plácido Fernández Carro.. entre outros; sendo un mundo de homes, oubo que esperar ó 2014 para que fora unha muller Cedeiresa a que ostentara este cargo.
Con ela chegou o cambio: emprendedora, dinámica, proactiva, con ganas de facer e traballar por e para os máis de 200 socios adscritos á esta Confraría, comezouse a venda da volanta e o rape de madrugada, continuouse cá venda de marisco de tarde, iniciouse o control de caixas, apostouse pola garantía xuvenil, mellorouse o servizo de travel e xeo… e comezáronse novos proxectos como o presente e moitos outros encamiñados tanto a incrementar e mellorar o servicio (e a calidade do mesmo) que se lle dá a socios e compradores como a impulsar novas propostas (construcción dunha nova fábrica de xeo ou estación depuradora de bivalvos) e retomar outras perdidas ( caso da tradicional festa do percebe de Cedeira que celebrou o ano pasado a XV edición tras seis anos de parón ).
Sen descanso na súa búsqueda de ensalzar o mundo do mar, a calidade dos seus produtos, a pesca artesana, selectiva, sustentable, a vida dos homes e mulleres que traballan nel, as súas vivencias e experiencias, o seu oficio…; éste sen dúbida é o pirmeiro de moitos outros proxectos que seguindo esta liña, están por chegar.