O Sentir Mariñeiro

Confraría de Pescadores de Cedeira

Depuradora de Mariscos

Co fin de centralizalas vendas de marisco que se extrae no Ortegal e  A Mariña lucense, por mor de non tér ningunha depuradora e ningún posto de venda bibalbos preto, para que calquera persoa ou empresa de hostalería, poida mercar o marisco, Cadelucha (coquina), Berberecho, extraído dos bancos marisqueiros de cedeira.

 A Confraria de Cedeira instalou unha depuradora de Bibalbos na lonxa.

Con esta nova instalación, a Confraría, pretende a revalorización do marisco recolectado na zona. Deste xeito, intentase centralizar en Cedeira a comercialización do producto extraído polas agrupacións de mariscadoras do norte da provincia de A Coruña eo litoral lucense.

As nosas Intalacións

OS NOSOS MARISCOS

Horario Depuradora

Eventos 2017

"I FESTA DA MERLUZA DA VOLANTA DE CEDEIRA”

Lugar: explanada da Confraría de Pescadores, Cedeira
Fecha: 29 e 30 de abril de 2017
Hora: de 12.00h a 00.00h

Sendo o porto de Cedeira un porto volanteiro por excelencia (o 70% das embarcacións de volanta de toda España están censadas neste porto) non podía ser doutro xeito; comezamos as xornadas gastronómicas pola especie insignia da nosa lonxa: a merluza ou pescada.

Trátase dun dos peixes máis utilizados na cociña española ( 6Kg/persoa/ano) que presenta grandes beneficios para a nosa dieta debido as súas propiedades nutricionais: aportan proteínas de alto valor biolóxico, minerais e vitaminas e cun baixo contido en grasas.

Moitas son as posibilidades culinarias deste merlúcido con carne branda, suave e sabrosa e espiñas moi fáciles de retirar; ó forno, cocida, á plancha ou á parrilla… pode acompañarse con todo tipo de salsas e acompañamientos.

Neste caso, unha carpa cuia decoración nos transporta ó mundo mariñeiro: volantas, nasas, pales e boias, acompaña a degustación da raíña, a pescada (merluza) capturada de xeito artesanal mediante un arte selectiva por mariñeiros da nosa Vila.

O pastel de merluza, ensalada tibia de ovas, merluza á galega, empanada e tosta de brandada, elaboradas por dóus chefs de renome darán sabor á xornada que estará amenizada por cánticos e regada por viños da terra.

"XVI FESTA DO PERCEBE DE CEDEIRA”

Lugar: explanada do porto pesquero, Cedeira
Fecha: 29 e 30 de xullo de 2017
Hora: de 12.00h a 00.00h

Sendo o crustáceo máis vendido na nosa lonxa, acadando prezos que superan os 200 euros tanto na época estival como no Nadal, capturado de xeito artesanal en zonas rochosas de difícil acceso, por homes que arriscan as súas vidas diariamente para proporcionarnos un producto sempre fresco, a súa captura precisa de gran destreza e habilidad. Sendo o REI dos mariscos, o percebe é sempre un bocado exquisito, escaso … que evoca no padal un intenso “ sabor a mar “.

Existe unha única forma xenuina, tradicional, auténtica, infalible… de elaborar o noso rey: “auga a ferver, percebes botar; auga a ferver, percebes quitar” e xa están listos para degustar!!.

Amenizada por cánticos, gaitas, aturuxeiras e grupos de baile, unha carpa sita na explanada do porto pesqueiro de Cedeira, á que poderedes achegarvos tanto nos propios vehículos como camiñando ou mediante o “tren” habilitado ó efecto con saída da praza dos cabalos e chegada ó porto pesqueiro; dará cabida a todo aquel que queira achegarse a degustar tanto o protagonista do evento: O percebe de Cedeira, como os actores secundarios: o noso pulpo, coidadosamente cociñado e gustosamente aliñado por pulpeiras experimentadas e o pastelón: produto típico onde os haiba da Vila de Cedeira; de atún, bacallao, bacallao con pasas ou sardinilla das rías galegas farán sen dúbida “gustosa” a fin de semana.

Haberá tamén actividades para que os máis cativos se familiaricen có mundo do mar: Típico é o campionato de pesca infantil que terá lugar no mesmo porto o venres 28 ou a instalación de inchables na Praia da Area Longa na tarde do 29 que se completarán na mesma tarde con piraguas e kayaks que estarán a disposición de todo aquel que o requira.

Fotos “I FESTA DA MERLUZA DA VOLANTA DE CEDEIRA”