BERBERECHO

7,0021,00


A cuncha do berberecho común é de cor branca amarelenta, habitualmente con liñas escuras e presenta de 22 a 28 costelas radiais moi pronunciadas.

Limpiar
SKU: Berb Categoría:

Descripción

Moluscos Bivalvos, ao tratarse dun organismo filtrador atópase na superficie do sedimento, fundamentalmente nos primeiros centímetros, polo que acostuma a habitar zonas de mareas, baixos areosos e estuarios.

berberechocroquecricabirbiricho ou chícaro é un molusco da familia dos cardiidae, de nome científico Cerastoderma edule (Linné, 1758). Non se recoñecen subespecies.

Ten as valvas de xeito case circular, posuíndo entre 22 e 28 costelas ben marcadas. Vive soterrado en fondos lamacentos de area fina, próximo á superficie e preto da costa.

A cuncha do berberecho común é de cor branca amarelenta, habitualmente con liñas escuras e presenta de 22 a 28 costelas radiais moi pronunciadas, ásperas e largas, as cales se encontran cruzadas por raias concéntricas e espiñas escamosas. A súa forma é globosa, case triangular e pode chegar a alcanzar os 6 cm.

Atópase amplamente estendido polo océano Atlántico, desde o mar de Barents e o mar Báltico ao longo da costa atlántica europea até Mauritania, en África occidental, así como no mar Mediterráneo suroccidental, onde é considerado como raro. Encóntrase en fondos cenagosos, areosos e de grava, habitualmente baixo a superficie do fondo.

Reprodúcese por medio de larvas peláxicas, e a diferenza doutras especies da súa familia, é unisexual. No mar do Norte encóntrase xunto ao berberecho verde (Cerastoderma glaucum), pero non se rexistrou hibridación, debido posiblemente á incompatibilidade entre os gametos de ambas especies.

Os berberechos comúns son capaces de dar saltos, apoiándose co seu pé no fondo e estricándoo de golpe poden saír proxectados até medio metro de distancia.

 

Información adicional

Peso N/D
Peso

1 Kg, 2 Kg, 3 Kg

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “BERBERECHO”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

6 + veinte =

AVISO IMPORTANTE: TIENDA ONLINE EN CONSTRUCCIÓN.
Algunos precios no están actualizados. Hay funciones de pago o envío que no operativos al 100% y se están desarrollando.
Por favor, NO REALICE COMPRAS para evitarle molestias innecesarias.
Muchas gracias y disculpe las molestias.
Estaremos de nuevo activos en el verano 2019. Descartar